Saltar ao contido

Lingua akan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Akan
Falado en: Ghana, Costa do Marfil (Abron), Benín (Tchumbuli)
Total de falantes: 11 millóns (2007)[1]
1 050 000 (Segunda lingua en Ghana)[2]
Posición: 78
Familia: Atlántico-congolés
 Kwa
  Potou-tano
   Tano
    Tano central
     Akan
Escrita: Latino (alfabeto twi e fante)
Status oficial
Lingua oficial de: Ningún. O goberno promociona a lingua en Ghana Ghana
Códigos de lingua
ISO 639-1: ak
ISO 639-2: aka
ISO 639-3: ambos:
fat — Fante
twi — Twi
Mapa
Status

O akan está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[3]

O akan[4] é unha lingua, ou un conxunto de dialectos relacionados entre si, do grupo kwa que se fala en Ghana, foi a lingua do imperio Ashanti.[5]

Distribución xeográfica

[editar | editar a fonte]

O fante fálase na costa ao oeste de Accra, o akuapem é a lingua dos montes ao norte de Accra e o asante fálase no oeste de Ghana.

Dialectos

[editar | editar a fonte]

Os dialectos literarios do akan son:

Dialectos non literarios

  • Agona
  • Ahafo
  • Akyem Bosome
  • Asen
  • Dankyira
  • Kwawu

O abrong de Costa do Marfil podería incluírse entre os dialectos akan, pero carece de forma escrita e hai a tendencia a consideralo unha lingua independente. O asante e o akuapem forman o twi.

Usos sociais

[editar | editar a fonte]

As primeiras en dar forma escrita ao akan foron os europeos que se achegaron ás costas de Ghana, en 1673 fíxose un glosario de asante que se publicou en alemán e en 1764 realizouse unha gramática de asante que se publicou en danés, ou o dicionario Johann Gottlieb Christaller en akuapem de 1881.
Os primeiros misioneiros que se asentaron en Ghana escolleron o akuapem para publicaren gramáticas, dicionarios e literarura relixiosa, estas obras esparexéronse polo territorio asante, converténdose a escrita akuapem na utilizada no seu territorio ata os anos 1960 cando se desenvolveu a ortografía asante.[6] Cada dialecto ten a súa propia forma escrita, aínda que o Bureau of Ghanian languages unificou as ortografías akan en 1981 pero non chegou a implementarse, de feito só se publicou un libro [7] con esa ortografía, o libro de himnos Kristofoɔ Ndwom Nwoma. O akan é unha lingua promovida polo goberno ghanés, é a lingua de ensino nos primeiros tres niveis de ensino no seu territorio tradicional, ademais fóra del funciona como lingua vehicular e é materia de ensino en todo o país.
Hai publicacións periódicas, emisoras de radio, un programa semanal na televisión e unha certa literatura, sobre todo teatro e relatos tradicionais.

  1. Nationalencyklopedin "Världens 100 största språk 2007" The World's 100 Largest Languages in 2007
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de xaneiro de 2015. Consultado o 27 de xaneiro de 2015. 
  3. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  4. "Entrada akan en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2017. Consultado o 07 de abril de 2017. 
  5. Andrew Dalby, Dictionary of Languages. Bloomsbury, 1998, páxina 9
  6. Mary Esther Kropp Dakub Korle Meets the Sea: A Sociolinguistic History of Accra. Oxford University Press, 1997, páxina 125
  7. Andrew Simpson Language and National Identity in Africa. Oxford University Press, 2008, páxina 152

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]